Olga López participa nos actos con motivo do Día dos Avós

Martes, 26 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Olga López participa nos actos con motivo do Día dos Avós

A concelleira de Bestar Social, Olga López Racamonde, participou este martes, en Santiago de Compostela, nos actos con motivo do Día dos Avós, organizados pola Asociación Edad Dorada de Mensajeros de la Paz.

No marco desta efeméride, o Concello de Lugo tamén colabora coa Confederación Estatal de Maiores Activos (CONFEMAC) na súa campaña para concienciar da necesidade de erradicar o edadismo, unha forma de etiquetar ás persoas maiores sen coñecer a súa situación nin entender a súa diversidade.

Multimedia

  • Olga López participa nos actos con motivo do Día dos Avós

Noticias relacionadas