Olga López aborda a problemática da saúde bucodental en persoas maiores e vulnerables coa Presidenta do Colexio de Odontólogos

Xoves, 05 de setembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Olga López aborda a problemática da saúde bucodental en persoas maiores e vulnerables coa Presidenta do Colexio de Odontólogos

A concelleira de Benestar Social, Olga López, mantivo un encontro coa presidenta do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, María Nuñez, para abordar a problemática da saúde bucodental en persoas maiores e vulnerables. Durante a reunión, na que tamén participou a administrativa do Colexio Ana Rodríguez, falouse da importancia de promover programas de prevención e educación en saúde bucodental, así como garantir un acceso adecuado a servizos odontolóxicos para persoas maiores e vulnerables, para mellorar a súa calidade de vida e previr complicacións de saúde a longo prazo.

Multimedia

  • Olga López aborda a problemática da saúde bucodental en persoas maiores e vulnerables coa Presidenta do Colexio de Odontólogos

Noticias relacionadas