O programa Xoves con arte continúa cun espectáculo de maxia

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O programa de Xoves con Arte organizado pola Concellería de Xuventude continúa o vindeiro día 12 de abril cun espectáculo de maxia destinado á mocidade lucense e ao público en xeral.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou esta mañá xunto ao Mago Rafa a actuación do lexendario mago René Lavand, que aos seus 72 anos de idade despedirase da súa profesión en Lugo. Este espectáculo de ilusionismo terá lugar o vindeiro día 12 de abril ás 21:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Veterinaria.

As entradas poñeranse á venda ao prezo de 5 euros o día 9 e o 10 para os menores de 30 anos e os días 11 e 12 poderán ser adquiridas polo público en xeral. Para mercalas os interesados poden achegarse á Oficina de Información Xuvenil, situada no 3º andar do Centro Social Uxío Novoneyra, en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 20:30 horas.

O mago René Lavand é un ilusionista arxentino coñecido en todo o mundo polos seus trucos de cartomaxia. É coñecido pola súa habilidade, "pois é o único mago do mundo que fai cunha man o que os outros fan con dúas", tal e como explicou a edil. Está considerado un gran mestre da ilusión por magos de recoñecido prestixio como David Copperfield ou Juan Tamariz.

Esta é a terceira cita desta edición de Xoves con Arte que se estrenou o pasado 1 de febreiro cun espectáculo de catro monologuistas totalmente gratuíto e que contou cunha participación do público de 622 espectadores (de 650 entradas disponibles).

A segunda cita consistiu na representación do musical "Te quiero, eres perfecto… ya te cambiaré", unha obra con máis de trinta anos en cartel en Broadway, o día 1 de marzo. Nesta ocasión as entradas venderonse ao prezo de 5 euros e tivo un gran éxito de público con preto de 600 espectadores.

Noticias relacionadas