O Instituto Leiras Pulpeiro acolle unha charla de Inés Fernández, dentro das actividades de En negro contra a violencia

A autora do libro As miñas fillas devolvéronme a vida impartirá esta conferencia este mércores 22 de novembro ás 19:30 horas, na Biblioteca deste instituto, organizada pola ANPA deste centro educativo

Mércores, 22 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Instituto Leiras Pulpeiro acolle unha charla de Inés Fernández, dentro das actividades de En negro contra a violencia

O IES Leiras Pulpeiro acollerá este mércores 22 de novembro ás 19:30 horas, na Biblioteca deste instituto, unha charla de Inés Fernández, autora do libro As miñas fillas devolvéronme a vida, organizada pola ANPA deste centro educativo co gallo das actividades polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Ademais, o xoves terá lugar unha conferencia a cargo da xefa da Oficina de Violencia sobre a Muller.

Este instituto, xunto outros centros educativos da cidade, participan na campaña En negro contra a violencia, á que se sumou o Concello. Os obxectivos desta campaña pasan por fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas no eido municipal a través da coordinación entre concellos de diferentes cores políticas, ademais de implicar ao tecido asociativo, económico, cultural, educativo e social como forma de resposta colectiva ante as violencias.

O uso de materiais específicos da campaña por parte da cidadanía, establecementos comerciais e axentes sociais axudará a identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero.

Noticias relacionadas