O histórico e estreito vínculo entre Concello e Armada de Ferrol sigue vixente nesta Semana Santa

A Alcaldesa e o Almirante Xefe presidiron a parada militar, á que asistiron numerosos veciños e veciñas e visitantes e que rematou cun concerto da Banda de Música da Armada

Esta tarde, ás 20:30 horas, está programada a saída da procesión da Virxe da Esperanza da Igrexa da Nova, que irá escoltada pola Armada por distintas rúas da cidade

Luns, 10 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O histórico e estreito vínculo entre Concello e Armada de Ferrol sigue vixente nesta Semana Santa

O Concello de Lugo e a Armada de Ferrol renovaron este luns o seu estreito e histórico vínculo dende hai 64 anos nos actos da Semana Santa luguesa, concretamente na procesión da Virxe da Esperanza, que un ano máis será escoltada esta tarde-noite polas rúas de Lugo polos membros da Armada, "nun día moi esperado por todos e todas as lucenses", tal e como o definiu a rexedora.

Os actos arrincaron na Casa Consistorial, onde a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do Presidente da Deputación, Darío Campos, o Secretario da Subdelegación do Goberno, Roberto Raposo, e o resto da Corporación Municipal recibiron ás autoridades da Armada. Nos actos tamén participaron representantes da Cofraría da Virxe da Esperanza. Posteriormente, as autoridades trasladáronse á Praza Maior, diante do Concello, onde estaban formadas as tropas. Tras pasar revista e saúdar ás autoridades, a Alcaldesa, Lara Méndez, e o Almirante Xefe da Armada, Francisco Javier Raomero, presidiron a tradicional parada militar, na que se rendeu homenaxe aos "caídos". Deseguido tivo lugar a retirada da Bandeira e o desfile de tropas, dainte da atenta mirada de lucenses e visitantes. Finalizado este, a Banda de Música da Armada ficou na Praza Maior, intepretando distintas marchas militares, que as autoridades escoitaron con atención dende o balcón da Casa Consistorial.

A rexedora, quen deu a benvida á Armada á cidade, lembrou cando o Ministro da Marina aceptou para a Armada Española, o 6 de novembro de 1952, o nomeamento de Irmán Maior Honorario da Cofradía da Virxe da Esperanza, motivo polo que acude dende esta data e de xeito ininterrompido todos os anos a Lugo a esta procesión, "o que supón unha tradición especial para Lugo e para os lucenses". Nesta liña, Méndez tamén fixo unha mención especial do pobo de Lugo á primeira Ministra de Defensa do Goberno de España, Carme Chacón, que faleceu onte por unha cardiopatía conxénita grave.

A este recoñecemento sumouse o Almirante, quen se amosou orgulloso de chegar a Lugo por segundo ano consecutivo, "un porto moi querido e con moita hospitalidade", para a procesión da Esperanza da Semana Santa, "unha das citas máis especiais para a Armada". Romero Caramelo aproveitou o acto para despedirxe xa que esta é a súa visita á cidade como Almirante Xefe nestas datas, ao tempo que agradeceu a acollida que lle brindou nas dúas ocasións tanto a propia rexedora, como o pobo de Lugo.

Procesión da Virxe da Esperanza

Esta tarde, ás 20:30 horas, está programada a saída da procesión da Virxe da Esperanza da Igrexa da Nova, que irá escoltada pola Armada de Ferrol. Percorrerá a Praza Anxo Fernández Gómez, Campo Castelo, Ronda da Muralla, Bispo Aguirre, Praza Maior, Conde Pallares, Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior -diante do Concello, para rematar na Praza Anxo Fernández Gómez.

Multimedia

  • O histórico e estreito vínculo entre Concello e Armada de Ferrol sigue vixente nesta Semana Santa

Noticias relacionadas