O Goberno presenta as 28 propostas, aportadas e escollidas polos veciños e veciñas, que se executarán cos Orzamentos Participativos

A aplicación posta en marcha para os Orzamentos Participativos, e que sustentou todo o proxecto https://loop.lugo.gal/, recibiu máis de 6.100 visitas, e involucráronse na votación máis de 600 persoas

No conxunto do proceso presentáronse 237 propostas de investimento, das que 107 foron viables, tras a análise dun equipo técnico municipal

Á vista dos resultados, Rosana Rielo fixo unha valoración moi positiva deste proceso de participación cidadá e democracia directa, que promoveu que a veciñanza pasara de observadora a protagonista activa do que ocorre en Lugo

As propostas gañadoras diríxense, principalmente, aos eidos de emprendemento, servizos sociais e deporte. Tamén destacan as relacionadas co Mercado e ca Praza de Abastos e outras apostando por un espazo público máis amable

Luns, 19 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno presenta as 28 propostas, aportadas e escollidas polos veciños e veciñas, que se executarán cos Orzamentos Participativos

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, presentou este luns, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, os resultados do proceso dos Orzamentos Participativos, que activou este ano o Goberno de Lugo coa finalidade de vincular activamente á cidadanía no desenvolvemento do municipio. En total, o Concello executará 28 propostas aportadas e escollidas polos veciños e veciñas, cunha inversión de 350.000 euros.

Tal e como detallou a Concelleira, no conxunto do proceso presentáronse 237 propostas de investimento, das que 107 foron viables, tras a análise dun equipo técnico municipal. Das non viables, ao redor de 130, 46 delas son propostas que xa se están executando dentro doutros programas do Concello "o que indica que estamos traballo de acordo á cidadanía", subliñou Rosana Rielo. Outras 26, a súa execución non era competencia do Concello e 27 sobrepasaban o orzamento de 15.000 euros, que se marcaba como máximo por proposta. Do resto, 20 non eran tecnicamente legais  e 6 non se correspondían a gasto, senón a subvención; entre outros.

A aplicación posta en marcha para os Orzamentos Participativos, e que sustentou todo o proxecto https://loop.lugo.gal/, recibiu máis de 6.100 visitas, e involucráronse na votación máis de 600 persoas. Á vista dos resultados, Rosana Rielo fixo unha valoración moi positiva deste proceso de participación cidadá e democracia directa, que promoveu que a veciñanza pasara de observadora a protagonista activa do que ocorre en Lugo, co obxecto de mellorar entre todos o municipio. Nesta liña, a edil destacou que cada día, Lugo é unha cidade máis aberta e máis participativa, ao tempo que agradeceu a todos e cada un dos e das lucenses en erguer a man e compartir as súas ideas.

Os ámbitos temáticos que abarcaban as iniciativas presentadas foron moi diversos, dirixíndose, principalmente, as propostas gañadoras aos eidos de emprendemento, servizos sociais e deporte. Tamén destacan as relacionadas co Mercado e ca Praza de Abastos e outras apostando por un espazo público máis amable.

As 28 propostas gañadoras

Arranxo do valado do CEIP Luis Pimentel

183

Parque biosaudable no Barrio da Piringalla

123

Proxecto EMPODERATE NENA¡¡

121

Iluminación Parque Angelo Colocci-Gallego Tato

121

Estudo do Plan de Accións para o Apoio da Transformación de "A Tinería"

114

Letras de benvida á cidade

112

Arranxo de zona de aparcadoiro do Cei Nodus

107

Future Jobs Tools

106

Campaña "Emprender cara a educación do futuro"

105

II Feira Nenos Emprendedores CEI-NODUS

104

Píldoras de Coñecemento para Emprendedores.

100

GROWTH HACKING APRENDER A CRECER

99

CHATBOT LEARNING

94

Restauración da fonte pública na parroquia de Esperante, no núcelo de Carballido

94

LVCVS RAID. EMPRENDE O CAMIÑO.

93

PROGRAMA 3 C. CAPITAL CREATIVO COMPETITIVO

92

Remodelación da Pista Roxa

86

Eliminación de barreiras arquitectónicas

77

Poyetes de competición para piscina municipal de Frigsa

72

DANDO VIDA O BARRIO CON COR

71

Instalación dun valado no lado da Praza do Castiñeiro e a rúa Lamas de Prado

68

Equipo para personas con discapacidade

65

Acondicionamento da entrada do Camiño Primitivo á cidade

65

Corcheras de competición para piscina municipal de Frigsa

64

Pista multideporte en prazas

64

Ludoteca na Plaza de Abastos

63

Decoración para as rúas no Arde Lucus

Arranxo-sustitución do tellado da nave de Frigsa que empregan as asociacións do Arde Lucus

63

Audio

Noticias relacionadas