O Goberno mellora, cos Orzamentos Participativos, a funcionalidade da aula de apoio escolar do Castiñeiro, que empregan a diario 32 nenas e nenos

O equipo de Lara Méndez acometeu diversas tarefas de mantemento e mellora, co obxecto de que os  nenos e nenas usuarias poidan gozar dunhas instalacións máis adecuadas e eficientes

Rosana Rielo achegouse ás instalacións, onde o Concello investiu 14.000 euros na reparación dunha goteira, instalación de sistemas de climatización, reforma da instalación eléctrica, illamento, sustitución de ventás e pintura, entre outros

Luns, 28 de xaneiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno mellora, cos Orzamentos Participativos, a funcionalidade da aula de apoio escolar do Castiñeiro, que empregan a diario 32 nenas e nenoS

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, achegouse este luns á aula de apoio escolar da Praza do Castiñeiro, que vén de acondicionar o Concello con cargo aos Orzamentos Participativos que activou o Goberno. Concretamente, acometeu obras para mellorar a funcionalidade do local, que empregan a diario 32 nenas e nenos de primaria.

O equipo de Lara Méndez acometeu diversas tarefas de mantemento e mellora, co obxecto de que os  nenos e nenas usuarias poidan gozar dunhas instalacións máis adecuadas e eficientes. Cun orzamento duns 14.000 euros, leváronse a cabo os seguintes traballos: reparación dunha goteira, instalación de sistemas de climatización de calefacción e frío, reforma da instalación eléctrica para adecuala á demanda do novo sistema de climatización, renovación do falso teito e illamento do local, substitución dos cristais (dianteiros e o traseiro), substitución da porta traseira en mal estado, arranxo de persianas e pintura interior. 

O Goberno continúa a executar os proxectos dos Orzamentos Participativos, neste caso atendendo ás demandas que facilitarán o día a día dos máis pequenos e pequenas.

Audio

Multimedia

  • O Goberno mellora, cos Orzamentos Participativos, a funcionalidade da aula de apoio escolar do Castiñeiro, que empregan a diario 32 nenas e nenoS

Noticias relacionadas