O Concello coloca letras de benvida á cidade

Deste xeito, a entidade local responde ás peticións veciñais nos Orzamentos Participativos, xa que esta foi a sexta proposta máis votada neste proceso participativo, con máis dun centenar de votos

As letras, co nome de municipio, e cun orzamento de 12.000 euros, estarán instaladas na rontonda da Avenida das Américas e na da Avenida de Madrid

Esta é unha nova acción de humización da cidade, e un paso máis do Concello para embelecer e modernizar a imaxe de Lugo

Martes, 23 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello coloca letras de benvida á cidade

Quen chegue a Lugo pola Avenida de Madrid e pola Avenida das Américas vanse atopar, nos vindeiros días, cunhas novas letras de benvida, cuxas obras de instalación veñen de arrincan este martes. Deste xeito, o Concello responde ás peticións veciñais nos Orzamentos Participativos, xa que esta foi a sexta proposta máis votada neste proceso participativo, con máis dun centenar de votos.

As letras, co nome de municipio, e cun orzamento de 12.000 euros, estarán instaladas, concretamente, nas rontondas da Avenida das Américas, na confluencia coa rúa Pomar e rúa Río Mandeo; e na rotonda da Avenida de Madrid, na confluencia coa Avenida Pablo Iglesias e rúa Fonte da Bica. Teñen unha altura de 1,40 metros e cada xogo delas ocupa 4 metros de ancho. Están fabricadas en aceiro galvanizado, lacado na cor vermella corporativa do Concello, e irán apoiadas nunha base de formigón, que leva encima tamén outra base de aceiro galvanizado. Precisamente estas tarefas son as que comezaron esta mañá.

Esta é unha nova acción de humización da cidade, e un paso máis do Concello para embelecer e modernizar a imaxe de Lugo.

Audio

  • O edil Manuel Núñez, sobre as letras de benvida á cidade | Descargar mp3

Multimedia

  • O Concello coloca letras de benvida á cidade

Noticias relacionadas