O Goberno Local avanza na posta a punto das zonas para aparcamento e emerxencias do circuíto municipal Jorge Prado

O alcalde, xunto á edil de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, comprobou a marcha das obras que están a acometer desde a brigada do Rural e a do Parque Móbil.
 
A estrada que se está a arranxar circunda o circuíto Jorge Prado, no que xa se ultiman os preparativos de cara a acoller, os días 10 e 11 de maio, a proba do Mundial de Motocrós.
 
Os traballos realizados por oito operarios e maquinaria consisten no asfaltado e na roza nunha área dunhas 20 hectáreas e se espera que rematen a finais desta mesma semana.

Xoves, 01 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno Local avanza na posta a punto das zonas para aparcamento e emerxencias do circuíto municipal Jorge Prado

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, acompañado da responsable da área de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira, comprobou a marcha dos traballos de posta a punto das pistas de acceso ao Circuíto Municipal Jorge Prado, que se acondicionarán para albergar o aparcamento de vehículos así como as zonas reservadas aos servizos de emerxencias que debe acoller un circuíto deste nivel ante a celebración, os vindeiros días 10 e 11 de maio, da proba puntuable para o Mundial de Motocrós.
 
Os traballos consisten no arranxo do asfaltado e na roza das pistas que circundan o circuíto, nunha superficie dunhas 20 hectáreas e se agarda que rematen a finais desta mesma semana. Para acometer estes labores, seis operarios da brigada do Rural e outros dous da do Parque Móbil traballaron desde comezos da semana no perímetro e no interior do circuíto. Para o triple tratamento de asfaltado e para a roza, empregáronse un pisón compactador eléctrico; camións dumper, de transporte de bituminosa e gravillador, ademais de varredora eléctrica e dun tractor de roza, ao que se sumou a tarefa de roza manual nas zonas de difícil acceso.  
 
Ditos traballos desenvolvidos pola brigada do Rural e polo servizo do Parque Móbil leváronse a cabo en coordinación co Motopark Lugo, o club concesionario do citado circuíto municipal, quen trasladou ao Concello de Lugo as principais necesidades para a posta a punto desta infraestrutura, ante a próxima celebración do Gran Premio de España, dentro de dúas semanas.

Multimedia

  • O Goberno Local avanza na posta a punto das zonas para aparcamento e emerxencias do circuíto municipal Jorge Prado

Noticias relacionadas