O Foro de Igualdade do Concello insta á Xunta a esixir a retirada dunha campaña con motivo de San Valentín con mensaxes sexistas

A campaña, financiada pola administración autonómica, componse de varios carteis que perpetúan os roles sexistas.

Ana Abelleira denunciou que a Xunta pague con diñeiro público “unha campaña que contén mensaxes que reforzan estereotipos daniños ao redor das relacións de parella”.

Xoves, 09 de febreiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Foro de Igualdade do Concello insta á Xunta a esixir a retirada dunha campaña con motivo de San Valentín con mensaxes sexistas

O Foro de Igualdade do Concello acordou este xoves instar á Xunta de Galicia a esixir a retirada inmediata dunha campaña con motivo de San Valentín, financiada polo executivo autonómico, que inclúe mensaxes sexistas. As concelleiras de Deselvolvemento Local e Muller e Igualdade, Ana Abelleira e Silvia Alonso, presidenta e vicepresidenta respectivamente do Foro, elevaron esta proposta co obxectivo de que se leve a cabo a retirada dos carteis que compoñen a campaña, deseñada pola Federación Galega de Xoieiría e do Colexio Oficial de Xoiaría.

Neste senso, Ana Abelleira denunciou que “a Xunta pague con diñeiro público unha campaña, que contén mensaxes que reforzan estereotipos daniños ao redor das relacións de parella” ao tempo que subliñou a necesidade de realizar unha supervisión efectiva dos contidos que se financian para que non se envíen á sociedade este tipo de mensaxes que perpetúan os roles sexistas. “Todas as administracións debemos ser especialmente coidadosas e exhaustivas na vixilancia dos proxectos que apoiamos”, apuntou neste senso.

Dentro da orde do día da convocatoria celebrada hoxe tamén se deu traslado da programación que o Concello de Lugo porá en marcha ata finais de marzo para impulsar unha igualdade efectiva en todos os ámbitos. Así, esta programación inclúe diferentes efemérides como o Día da nena e a muller na ciencia, o Día da Igualdade Salarial, o 8M ou o Día da Traballadora no Fogar.

Por outra banda, tamén se informou da petición trasladada no mes de decembro tanto ao Ministerio como á Subdelegación do Goberno para que o asasinato de Cristina Cabo sexa considerado como feminicidio social.

Audio

  • A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Abelleira, sobre a campaña sexista de San Valentín | Descargar mp3

Noticias relacionadas