O Festival de Cinema Euroárabe aterra, por segundo ano consecutivo, en Lugo

Ana Abelleira e Ghaleb Javer presentaron este ciclo de cine, que nesta edición está protagonizado por mulleres. Terá lugar todos os xoves de maio e o 1 de xuño, a partir das 20:00 horas, no MIHL

Martes, 02 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Festival de Cinema Euroárabe aterra, por segundo ano consecutivo, en Lugo

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e o director do Festival de Cinema Euroárabe, Ghaleb Jaber, presentaron este martes, no Salón de Plenos, o Ciclo Amal en Ruta 2017, co que, por segundo ano consecutivo, colabora o Concello. Deste xeito, a entidade local, con este ciclo, achegará á cidadanía lucense cinema multicultural todos os xoves de maio e o 1 de xuño, a partir das 20:00 horas.

Durante a presentación, a edil convidou á cidadanía a encher MIHL, onde se proxectarán tres ficcións e dous documentais, que supoñen un pecorrido polo mellor cine árabe de actualidade. Nesta edición, o ciclo estará dedicado á muller, sendo unha figura femenina a directora ou protagonista dos filmes.

Para González Abelleira, quen lembrou o éxito da pasada convocatoria, aínda é necesario incidir na necesidade de seguir visibilizando a diversidade cultural, de aí a importancia do Ciclo Amal en Ruta. Ademais, agradeceu o interese da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, organizador do acto, por proporcionar este tipo de cultura e achegar á cidade este cine, que naceu en 2002 co obxecto de ofrecer o mellor cinema árabe.

Pola súa banda Jaber agradeceu ao Concello "a súa mentalidade sen barreiras, sen muros e sen fronteiras, valente á hora de programar un ciclo de cine como este, basado nunha cultura que a miúdo se vinculada aos extremismos".

O Ciclo Amal en Ruta enmárcase dentro dunha programación que se levará ao longo de mes de maio "por un Lugo xusto e solidario e para romper estereotipos".

As películas

  • 4 de maio
    3.000 noites. Mai Masri, ano 2015. Palestina, Xordania e O Líbano, 103 minutos.
  • 11 de e maio
    10 anos e divorciada. Khadija Al-Salami, ano 2014. Francia e Iemen, 99 minutos.
  • 18 de maio
    Barakah meets Barakah. Mahmoud Sabbagh, ano 2016. Arabia Saudita, 88 minutos.
  • 11 de e maio
    After Spring. Ellen Martínez e Steph Ching, ano 2016. Xordania, Reino Unido, E.A.U e Catar, 102 minutos.
  • 1 de xuño
    Nearby Sky. Nujoom Alghanem, ano 2014. Emiratos Árabes Unidos, 85 minutos.

 

Audio

+ info

 

Multimedia

  • O Festival de Cinema Euroárabe aterra, por segundo ano consecutivo, en Lugo

Noticias relacionadas