O Executivo de Paula Alvarellos inicia a modificación puntual do PXOM para converter o ámbito do Garañón nunha gran zona verde

O proxecto comprende a totalidade dos terreos incluídos no URPI-58 que conta cunha superficie de 10.950 m2 divididos nunha pequena extensión destinada a viales, 1.590 metros cadrados para equipamentos públicos e 8.178 de zona verde pública.

“Con este cambio normativo avanzamos na nosa folla de roteiro para lograr o dobre obxectivo de protexer este espazo e de que todas e todos os lucenses poidan gozar unha área natural en pleno corazón urbana que se unirá ás Costas do parque e ao Rosalía”, sinalou a alcaldesa.

O proceso iníciase coa súa aprobación na XGL deste mércores, a súa posterior elevación ao pleno e o consecuente proceso de información pública antes da fase de recompilación de informes sectoriais para a súa aprobación definitiva, de novo en sesión plenaria.

Luns, 27 de xaneiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Paula Alvarellos inicia a modificación puntual do PXOM para converter o ámbito do Garañón nunha gran zona verde

O Executivo de Paula Alvarellos inicia a modificación puntual do PXOM para converter o ámbito de o Garañón nunha gran zona verde. O proxecto comprende a totalidade dos terreos incluídos no URPI-58 que conta cunha superficie total de 10.950 metros cadrados divididos nunha pequena extensión destinada a viais, 1.590 metros cadrados para equipamentos públicos de distinta topoloxía vinculados a subministracións, como o eléctrico ou o do abastecemento de auga, mentres o groso do ámbito, 8.178 metros cadrados, prevense como zona verde pública.

“Con este cambio normativo avanzamos na nosa folla de roteiro para lograr o dobre obxectivo de protexer este espazo e de que todas e todos os lucenses poidan gozar unha área recreativa e de esparexemento en pleno corazón da trama urbana que ademais se unirá ás Costas do parque e ao Rosalía de Castro permitíndonos mellorar a conexión das inmediacións do Centro Histórico co entrono do río Miño a través dun corredor verde consolidando así o modelo de cidade no que vimos traballando”, sinalou a alcaldesa .

A modificación, que será aprobada na próxima Xunta de Goberno Local,  conta coa súa perceptiva avaliación ambiental favorable por parte da Xunta de Galicia e así mesmo foi informada por diversos servizos técnicos  municipais. “Trátase dun avance moi importante para a cidade que require un proceso administrativo moi garantista. Os técnicos municipais están a cumprir a folla de roteiro punto por punto. Unha vez concluída esta fase que agora iniciamos estaremos en disposición de dar novos pasos para ao consecución do obxectivo final, que é protexer a nosa cidade e poñer estes terreos ao dispor da cidadanía”, sinalou Alvarellos Fondo.

Deste xeito, o proceso iníciase coa súa aprobación na XGL deste mércores, a súa posterior elevación ao pleno e o consecuente proceso de información pública antes da fase de recompilación de informes sectoriais para a súa aprobación provisional e definitiva,  de novo en sesión plenaria.

Audio

  • O Executivo de Paula Alvarellos, sobre a modificación puntual do PXOM, no ámbito do Garañón | Descargar mp3

Noticias relacionadas