O Concello volve limpar o vertedoiro incontrolado do Carqueixo

Trátase de eliminar todos os residuos alí depositados e de levantar un noiro perimetral que impida o depósito de máis lixo, así como pechar as entradas para impedir a entrada de vehículos nesa parcela

Así mesmo, a entidade local está a acometer a limpeza doutros puntos na contorna, repartidos ao carón da estrada, onde existen resto de obras menores

Xoves, 05 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello volve limpar o vertedoiro incontrolado do Carqueixo

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, deu a coñecer este xoves os labores de limpeza que o Concello está a levar a cabo de novo no vertedoiro incontrolado do Carqueixo, nunha parcela de monte comunal, de titularidade municipal. Trátase de eliminar todos os residuos alí depositados e de levantar un noiro perimetral que impida o depósito de máis lixo, así como pechar as entradas para impedir a entrada de vehículos nesa parcela.

Así mesmo, está a acometer a limpeza doutros puntos na contorna, repartidos ao carón da estrada, onde existen resto de obras menores. Nesta liña, Daniel Piñeiro lembroulle á veciñanza que este tipo de restos se poden levar ao Punto Limpo, recordando que no caso de obras maiores, os promotores teñen a obriga de contratar un sistema de xestión de residuos.

O edil apelou á responsibildiade da cidadanía para xestionar adecuadamente os resiudos e non tiralos en calquera zona, "o que xera un problema medioambiental e un custo para toda a cidadanía", así como a velar por un Concello medioambientalmente sostible.

Audio

  • Daniel Piñeiro, sobre o vertedoiro incontrolado do Carqueixo | Descargar mp3

Noticias relacionadas