O Concello substitúe o arboredo enfermo de Ramiro Rueda

Daniel Piñeiro subliñou a importanica desta pequena reforestación tanto para conservar o patrimonio verde da cidade como para o bo aspecto das rúas lucenses

Luns, 14 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
arboles1

O Concello de Lugo iniciou este luns a substitución do arboredo enfermo da rúa Ramiro Rueda. Así o anunciou o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, quen deu a coñecer os motivos de dita substitución nas propias inmediacións da rúa, que pasan polo mal estado das vinte catalpas existentes, pois presentaban patoloxías que afectaban a súa capacidade estrutural, presentando riscos de caída sobre a vía pública.

Deste xeito, tal e como avanzou Piñeiro, plantaranse 20 plataneiros de sombra, con forma de marquesina, similar aos que hai na Avenida Ramón Ferreiro, co obxetivo de recuperar e dignificar o espazo público ao tempo que se manteñen os valores ornamentais.

Durante a visita, o edil sinalou a importancia desta pequena reforestación tanto para conservar o patrimonio verde da cidade como para o bo aspecto das rúas lucenses. Os traballos estarán rematados ao longo da semana. 

Multimedia

  • arboles2

Noticias relacionadas