O Concello devolverá no próximo recibo o exceso facturado polo cobro de consumo acumulado en dous trimestres

A semana que vén o Concello comezará enviar notificacións a todos os perxudicados

Xoves, 21 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Urbanismo e Medio Ambiente, que dirixe Luis Álvarez, comunica que a partir da próxima semana o Concello enviará unha notificación a todos os abonados que resultaron perxudicados pola lectura do consumo de auga acumulado durante os dous últimos trimestres.

Nesa notificación, que o Concello enviará individualmente a cada cidadán afectado logo das comprobacións efectuadas, e tal como se anunciou no seu día comunicaráselles ós usuarios perxudicados o importe exacto que se lles cobrou de máis, cantidade que lles será descontada no vindeiro recibo da auga.

Como xa ten informado o Concello de Lugo, a algúns abonados pasouselles ó cobro
no último recibo o consumo de auga que realizaron durante os dous últimos trimestres.

Esta circunstancia produciuse porque non se lles cobrara aínda a auga que consumiron no último trimestre de 2014 xa que a xubilación dun traballador municipal, que non puido ser sustituido ata o mes de xaneiro, impediu facer daquela a lectura real dos contadores e o Concello nunca pasa ó cobro consumos estimados senón que cobra únicamente o importe que se corresponde cos consumos realmente efectuados.
 
O Goberno local  ten denunciado en numerosas ocasións o problema que sofren os concellos polas restriccións impostas en materia de persoal pola lei do Goberno de Rajoy.

Noticias relacionadas