
Os edís Pablo Permuy e Ángeles Novo participaron esta mañá nun minuto de silencio frónte á Subdelegación do Goberno como mostra de repulsa do Concello de Lugo polo asasinato dunha muller, presuntamente por violencia de xénero a mans da súa parella, ocorrido na madrugada do luns no distrito madrileño de Usera.
Os concelleiros trasladaron “as máis profundas condolencias e a condena firme por parte do equipo de Goberno do Concello de Lugo ante este terrible crime” e o seu pésame á familia e achegados. Así mesmo, o Concello reafirma o seu compromiso coas políticas de igualdade e a prevención da violencia de xénero, apelando á importancia de continuar reforzando as medidas de sensibilización e protección para acadar unha sociedade libre de violencia machista.


