Medio Rural continúa a mellorar a seguridade vial da rede viaria municipal que enlaza as parroquias de Calde e O Burgo

Venres, 18 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Medio Rural continúa a mellorar a seguridade vial da rede viaria municipal que enlaza as parroquias de Calde e O Burgo

O tenente de alcaldesa e edil de Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou a realización das obras de mantemento e mellora dun camiño entre as parroquias de Calde e O Burgo, “unha actuación incluída no acondicionamento dos viarios que se atopan deteriorados debido á súa antigüidade, ao seu uso e ás inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo”.

A execución consistiu na limpeza previa de cunetas e taxeas co fin de restablecer a drenaxe e facilitar a evacuación da auga para que non ocasione danos sobre a pista unha vez reparada, a rexeneración do firme e a cobertura cunha capa de rodadura en quente e a correspondente sinalización.

Esta obra enmárcanse no Programa de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal financiado por AGADER a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, e conta cun orzamento de adxudicación de 95.560 euros.

A actuación súmase ás obras realizadas nas parroquias de Santiago de Sáa, O Burgo e Bascuas, financiadas a través deste mesmo programa, ademais das incluídas no Plan Único do 2021 nas parroquias de Camoira, Tirimol, Pedreda, Santo André de Castro, San Mamede dos Anxos, Calde, San Pedro de Mera, Vilachá de Mera, Prógalo, Poutomillos e Coeses.

Audio

  • O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre as obras realiazadas, entre as parroquias de Calde e O Burgo | Descargar mp3

Noticias relacionadas