Lugo recibe ao Nadal cunha festa por todo o alto

O mal tempo non impidiu que numerosas persoas se sacaran fotos no photocall ou no gran agasallo xigante de luces da Praza Maior, co que se simbolizou o acendido das luces de Nadal, que veu marcado cunha choiva de confeti

Tamén houbo reparto de globos e unha ampla actuación das pandereteiras da Escola Municipal de Música, así como unha gran chocolada. Os inchables, que se trasladaron á Praza de Abastos polas condicións climatolóxias, non tiveron tempo para descansar

Na festa tamén tivo gran presenza o deporte, grazas ao Breogán, Emevén, Ensino e CD Lugo, que se sumaron ao acto no que repartiron agasallos e asinaron autógrafos. Tampouco se perdeu a cita Quío o Esquío, que desbordou diversión

Venres, 14 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo recibe ao Nadal cunha festa por todo o alto

Lugo recibiu esta tarde ao seu Nadal cunha festa por todo o alto. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto á Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, así como outros membros da Corporación Municipal, o Presidente da Deputación, Darío Campos, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; misturáronse co numeroso público que asistiu para darlle a benvida a estas datas e para gozar das distintas actividades lúdicas que tiña preparadas o Concello.

O mal tempo non impidiu que numerosas persoas se sacaran fotos nophotocall instalado a pé da Casa Consistorial, ou no gran agasallo xigante de luces da Praza Maior, co que se simbolizou o acendido das luces de Nadal, que veu marcado cunha choiva de confeti. Tamén houbo reparto de globos e unha ampla actuación das pandereteiras da Escola Municipal de Música, así como unha gran chocolada. Os inchables, que se trasladaron ao soto da Praza de Abastos polas condicións climatolóxicas, non tiveron tempo para descansar.

Na festa tamén tivo gran presenza o deporte. De feito, xogadores e xogadoras do Breogán, Emevén, Ensino e CD Lugo; ademais da directiva dos clubs, sumáronse ao acto no que repartiron agasallos e asinaron autógrafos. Tampouco se perdeu a cita Quío o Esquío, que desbordou diversión ao longo de toda a festa, ademais de repartir pases para Xuvenlugo.

Este ano, Lugo ten 341 puntos de alumeado, un 53% máis que no 2017; entre arcos, rótulos, motivos en farolas, figuras e iluminación do quiosco da Praza Maior e as fachadas do Concello e o Vello Cárcere. Con respecto a anos anteriores, incorpóranse as seguintes localizacións: motivos nas farolas da Avenida Ramón Ferreiro, unha figura na Praza do Camiño Primitivo, arcos en Curros Enríquez, unha bola e rótulos no fondo da Praza Maior, un adorno no pedestal da aguia da Praza de Santo Domingo, o exterior da Praza de Abastos e do Mercado Municipal e a fachada do  Vello Cárcere. Tamén haberá alumeado na rúa do Carme (nas farolas enfronte á Sala de Exposicións de Porta Miñá), no Carril dos Loureiros, na rúa Vilalba, no cruce de Recatelo con Carril dos Loureiros e Isaac Díaz Pardo; na escalinata de Renfe, no cruce da rúa Castelao con Miguel de Cervantes, na rúa Divina Pastora, na rúa Monforte e nas rúas Conde e río Eo. Ademais, reforzarase a Avenida da Coruña, por primeira vez completa, a rúa Montero Ríos e San Roque.

Como os anos anteriores, os arcos da escalinata Fontiñas-San Eufrasio, carril das Frlores, rúa San Pedro, Praza Maior, rúa Catedral, Calzada da Ponte teñen un deseño uniforme e alegórico ao Camiño de Santiago.

Noticias relacionadas