Lugo marca o inicio da xira do espectáculo Fama ¡A Bailar!

Mércores, 14 de maio de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O espectáculo Fama ¡A bailar! - TOUR 2008 se vai a converter sen dúbida nun dos fenómenos deste verán. Despois do seu éxito televisivo, o programa de Cuatro sae á estrada para achegar ao público todas as coreografías que durante meses engancharon millóns de seguidores.

A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, e o director xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Rubén López, explicaron que Lugo marcará o inicio de xira deste espectacular show que contará coa presenza de 18 bailarins (todos os finalistas) e varios dos profesores o venres día 6 de xuño ás 21:00 horas no Pazo de Feiras e Exposicións.

Unhas 7.500 persoas poderán disfrutar deste espectáculo de música, baile, luz e son.

A venda de entradas mediante servizo telefónico: posibilitando, a través das taquillas teléfónicas 986 11 05 00 e 902 504 500 e da páxina web www.caixanova.es, a un prezo de 24 euros, o máis barato de toda a xira.

Tamén poderanse adquirir nas oficinas da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e na Oficina de Información Xuvenil, situada no 3º andar do Centro Social Uxío Novoneyra en horario de 10:00 a 14 horas e de 17 a 19:00 horas.

Noticias relacionadas