Lara Méndez reivindica políticas de discriminación positiva para fixar poboación na zona interior do Eixo Atlántico

A alcaldesa defendeu a activación de políticas sociais e económicas encamiñadas a reverter o despoboamento no eixo interior, que vai de Lugo a Mirandela, favorecendo a cohesión do territorio na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

A presidenta do Eixo aposta por unha acción pública que redefina a imaxe do rural, que co emprego das tecnoloxías actuais e unha correcta dotación de servizos, pode equipararse ao modo de vida urbano.

“A fixación de poboación nos territorios de interior pasa necesariamente pola activación económica do seu tecido social e empresarial, por iso apostammos pro iniciativas como Lugo Trasnforma”, sinalou.

Venres, 01 de decembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez reivindica políticas de discriminación positiva para fixar poboación na zona interior do Eixo Atlántico

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asisitiu esta mañá a presentación do I Informe Demográfico presentado polo Eixo Atlántico. Durante a súa intervención, a presidenta do organismo transfronteirzo defendeu a activación de políticas sociais e económicas encamiñadas a reverter o despoboamento no eixo interior, que vai de Lugo a Mirandela, favorecendo así a cohesión do territorio na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. “É necesario promover medidas de discriminación positiva nos territorios do interior con maior despoboamento para favorecer a fixación da poboación. O reto demográfico é un dos principais desafíos da Unión Europea e figura entre as prioridades da propia Comisión Europea. Si ben é un problema que afecta a toda Europa, incide especialmente en territorios da Península Ibérica que, ademais de estar na periferia, temos un desenvolvemento socioeconómico asimétrico con respecto a outras zonas”, apuntou a rexecora.

Neste senso, a presidenta do Eixo Atlántico puxo en valor o esforzo que se realiza dende dos Concellos, como administracións máis próximas á cidadanía, para implementar estratexias coas que asentar poboación nos territorios. “Como exemplo, en Lugo, conscientes desta realidade, fomos pioneiros en poñer en marcha unha estratexia de recuperación económica dentro da que se contempla un fondo de capital risco, chamado Lugo Transforma, cuxo obxectivo é atraer empresas e xerar postos de traballo vinculados a sectores punteiros en innovación e sostibilidade, tratando de fixar poboación tamén no rural, xa que outra das patas desta estratexia é apoiar a cadea de valor do sector forestal, algo no que Lugo destaca a nivel nacional e internacional como precursora do uso da madeira como elemento estrutural nas construcións públicas”, indicou.

Méndez, en consonancia co resto de mandatarios da eurorrexión, aposta por unha acción pública que redefina a imaxe do rural, que co emprego das tecnoloxías actuais e unha correcta dotación de servizos, pode equipararse ao modo de vida urbano “Un territorio, en definitiva, con vantaxes e oportunidades, que aporta valor ao conxunto da sociedade pero que necesita unha política fiscal que bonifique a residencia en áreas de despoboamento severo ao tempo que se afonda na innovación no PDR español (programa de desenvolvemento rural), e no PROT-N, actualmente en elaboración”, concluíu a rexedora.

Multimedia

  • Lara Méndez reivindica políticas de discriminación positiva para fixar poboación na zona interior do Eixo Atlántico

Noticias relacionadas