Lara Méndez participa, xunto a emprendedores e empresarios da cidade, no almorzo de negocios Localmente Lucense celebrado en O Xugo

Mércores, 18 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa, xunto a emprendedores e empresarios da cidade, no almorzo de negocios Localmente Lucense celebrado en O Xugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada da edil de Desenvolvemento Local, Ana Abelleira, participou este mércores nun novo almorzo de negocios da campaña Localmente Lucense, que tivo lugar no Restaurante O Xugo, e ao que asistiron preto de medio centenar de emprendedores e empresarios da cidade.

Esta actividade de networking está enmarcada no Plan de fomento do emprendemento e consolidación empresarial, posto en marcha polo goberno de Lara Méndez. A súa finalidade é poñer en contacto aos negocios da cidade para crear sinerxías e impulsar a economía local. En total, celebraranse doce almorzos ao longo do ano en diferentes zonas da cidade, facilitando así a creación de lazos entre o tecido empresarial lucense.

Multimedia

  • Lara Méndez participa, xunto a emprendedores e empresarios da cidade, no almorzo de negocios Localmente Lucense celebrado en O Xugo

Noticias relacionadas