Lara Méndez e Ana Abelleira coñecen os traballos realizados nos obradoiros de animación sociocultural da Milagrosa

Luns, 29 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez e Ana Abelleira coñecen os traballos realizados nos obradoiros de animación sociocultural da Milagrosa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, achegáronse ao Centro de Convivencia da Milagrosa para coñecer de primeira man os traballos realizados polas persoas que participaron nos distintos obradoiros de Animación Sociocultural, organizados polo Concello, neste centro. Ditos traballos, que estiveron expostos nunha sala destas instalacións, principalmente eran labores artísticos e manuais.

Os centros de convivencia de Fingoi e de Maruja Mallo tamén acollerán exposicións deste tipo.

Multimedia

  • Lara Méndez e Ana Abelleira coñecen os traballos realizados nos obradoiros de animación sociocultural da Milagrosa

Noticias relacionadas