Lara Méndez asiste ao curso de robótica do CEIP Menéndez Pelayo, convidada pola ANPA

Xoves, 06 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez asiste ao curso de robótica do CEIP Menéndez Pelayo, convidada pola ANPA

Lara Méndez, visitaba esta tarde ao alumnado do CEIP Menéndez Pelayo, a petición da Asociación de Nais e Pais do centro.

A rexedora asistiu a unha das clases do curso de robótica, organizado pola ANPA e que se desenvolve nun local cedido polo Concello, no que participan ao redor dunha vintena de estudantes de entre 9 e 11 anos.

As nenas e nenos, que hoxe estaban a elaborar un deseño da Muralla de Lugo, comprometéronse a realizar un proxecto, de libre elección, para a alcaldesa que lles deu a súa palabra de que volverá a pasar polo colexio para recollelo.

Multimedia

  • Lara Méndez asiste ao curso de robótica do CEIP Menéndez Pelayo, convidada pola ANPA
  • Lara Méndez asiste ao curso de robótica do CEIP Menéndez Pelayo, convidada pola ANPA
  • Lara Méndez asiste ao curso de robótica do CEIP Menéndez Pelayo, convidada pola ANPA

Noticias relacionadas