- Tema
Venres, 26 de abril de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa, Lara Méndez, plantou hoxe, con carácter simbólico, un carballo no humidal das Gándaras-O Ceao, acto previo ao comezo o vindeiro luns das actividades vinculadas coa Semana Verde da UE, que concluirán coa inauguración oficial da conmemoración o 13 de maio.
A plantación realizouse neste bosque autóctono de ribeira, situado á cabeceira do Rato, para o que o Concello xa solicitou á Xunta de Galicia a declaración de Espazo Natural de Interese Local (ENIL) co fin de incrementar a súa especial protección como valor ambiental.
A Alcaldesa destacou a necesidade de apostar pola sostibilidade, a economía circular e a biodiversidade como piares do benestar dos municipios.