Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez anticipa coa plantación dun carballo no humidal das Gándaras a Semana Verde da UE

Lara Méndez anticipa coa plantación dun carballo no humidal das Gándaras a Semana Verde da UE

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Medio rural
Venres, 26 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez anticipa coa plantación dun carballo no humidal das Gándaras a Semana Verde da UE

A Alcaldesa, Lara Méndez, plantou hoxe, con carácter simbólico, un carballo no humidal das Gándaras-O Ceao, acto previo ao comezo o vindeiro luns das actividades vinculadas coa Semana Verde da UE, que concluirán coa inauguración oficial da conmemoración o 13 de maio.

A plantación realizouse neste bosque autóctono de ribeira, situado á cabeceira do Rato, para o que o Concello xa solicitou á Xunta de Galicia a declaración de Espazo Natural de Interese Local (ENIL) co fin de incrementar a súa especial protección como valor ambiental.

A Alcaldesa destacou a necesidade de apostar pola sostibilidade, a economía circular e a biodiversidade como piares do benestar dos municipios.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-anticipa-coa-plantacion-dun-carballo-no-humidal-das-gandaras-semana-verde-da-ue