Lara Méndez aborda na Comisión de Tráfico a reordenación da circulación na contorna do colexio de Albeiros e nas rúas Alba e Río Oribio

A medida trata de incrementar a seguridade das familias nas inmediacións do centro, favorecendo ademais a fluidez do tránsito.

Na xuntanza acordouse igualmente o acondicionamento de varias prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida e a instalación de pasos elevados en diferentes puntos da capital.

Mércores, 03 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez aborda na Comisión de Tráfico a reordenación da circulación na contorna do colexio de Albeiros e nas rúas Alba e Río Oribio

A Comisión de Tráfico do Concello de Lugo, convocada e presidida pola alcaldesa, Lara Méndez, vén de abordar a reordenación da circulación na contorna do colexio de Albeiros.

Unha medida que por unha banda, incrementará a seguridade peonil do alumnado matriculado no centro e das persoas que os acompañan nas entradas e saídas ao mesmo pero que tamén redundará nunha mellora da fluidez que experimentará o tránsito que rexistra esta zona.

De igual xeito, na xuntanza celebrada este mércores se acordou acometer cambios na reordenación do tráfico nas inmediacións da rúa Alba. De maneira que o tramo de Flor de Lirio entre R/ Juana La Loca e Rei Chiquito quedará en sentido único (nese sentido do percorrido), o tramo de Rei Chiquito entre Flor de Lirio e Mar Cantábrico quedaría en dobre sentido - como está agora – o tramo de Rei Chiquito entre Flor de Lirio e Rúa Alba quedaría de sentido único (nese sentido de percorrido) earúa Alba entre R/ Rei Chiquito e Rúa Flor de Lirio quedaría en sentido único.

Alén, se procederá ao cambio de sentido de Rúa Oribio (dende Perpetuo Socorro ata Río Cabe), estendendoo dobre sentido de circulación en Río Cabe dende Río Támoga ata Rúa San Lourenzo e modificando o sentido de Rúa San Lorenzo e a incorporación dende a mesma ata a Avenida da Coruña sen regulación semafórica (sentido saída cidade). Pola súa banda, a rúa Ferreiriño pasará a ser de sentido único cara a Avenida da Coruña dende Túnel de Oural.

Ademais foi validada amellora e acondicionamento das prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida nas rúasLamas de Prado, Montero Ríos e mesmo na Avenida da Coruña, neste último caso na zona de estacionamento de carga e descarga existente onde se atopa a Farmacia Labandeira, así como a instalación de pasos elevados e bandas desaceleradoras en diferentes puntos da capital que contribuirán á diminución da velocidade en zonas de moito tránsito coa conseguinte repercusión para a protección cidadá.

Xa por último, a parada de Taxis de Mártires de Carral e a Rúa San Roque permuta coa Carga e Descarga existen en San Roque.

Noticias relacionadas