A Exposición Rexional de 1896 protagoniza o 17º San Froilán dos Devanceiros

Maite Ferreiro presentou, xunto co escritor no Vello Cárcere, esta nova edición da publicación anual das festas do San Froilán

Venres, 09 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Exposición Rexional de 1896 protagoniza o 17º San Froilán dos Devanceiros

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou no día de hoxe o 17º libro da colección San Froilán dos Devanceiros xunto con autor, Adolfo de Abel Vilela. A obra, titulada A Exposición Rexional de 1896 conta a historia inédita até o de agora da organización e do desenvolvemento do escaparate no que se converteu Lugo sobre o grao de progreso alcanzado polas artes, a agricultura, a gandeiría e a industria.

“Neste traballo atopamos tamén información variada e curiosa sobre o lugo da época e as aspiracións da sociedade, que quería modernizar a cidade para que estivera á altura dos tempos”, indicou Maite Ferreiro, que destacou “a incansable colaboración de Adolfo de Abel Vilela con esta serie de libros”.

Maite Ferreiro agradeceu “esta nova colaboración para o coñecemento da historia local”, e engadiu que “desde a área de Cultura agardamos que este sexa o último San Froilán anómalo debido á pandemia, pero ao mesmo tempo que sexa o limiar do tempo novo que todas e todos desexamos vivir con normalidade”.

Multimedia

  • A Exposición Rexional de 1896 protagoniza o 17º San Froilán dos Devanceiros
  • A Exposición Rexional de 1896 protagoniza o 17º San Froilán dos Devanceiros

Noticias relacionadas