Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Exposición Rexional de 1896 protagoniza o 17º San Froilán dos Devanceiros

A Exposición Rexional de 1896 protagoniza o 17º San Froilán dos Devanceiros

Maite Ferreiro presentou, xunto co escritor no Vello Cárcere, esta nova edición da publicación anual das festas do San Froilán

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Museos e exposicións,
    • Programación cultural
Venres, 09 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Exposición Rexional de 1896 protagoniza o 17º San Froilán dos Devanceiros

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou no día de hoxe o 17º libro da colección San Froilán dos Devanceiros xunto con autor, Adolfo de Abel Vilela. A obra, titulada A Exposición Rexional de 1896 conta a historia inédita até o de agora da organización e do desenvolvemento do escaparate no que se converteu Lugo sobre o grao de progreso alcanzado polas artes, a agricultura, a gandeiría e a industria.

“Neste traballo atopamos tamén información variada e curiosa sobre o lugo da época e as aspiracións da sociedade, que quería modernizar a cidade para que estivera á altura dos tempos”, indicou Maite Ferreiro, que destacou “a incansable colaboración de Adolfo de Abel Vilela con esta serie de libros”.

Maite Ferreiro agradeceu “esta nova colaboración para o coñecemento da historia local”, e engadiu que “desde a área de Cultura agardamos que este sexa o último San Froilán anómalo debido á pandemia, pero ao mesmo tempo que sexa o limiar do tempo novo que todas e todos desexamos vivir con normalidade”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/exposicion-rexional-de-1896-protagoniza-o-17o-san-froilan-dos-devanceiros