A Deputación celebra os 50 anos de Cáritas de Lugo, colaborando co libro Titanes contra la Pobreza

Martes, 15 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Deputación celebra os 50 anos de Cáritas de Lugo, colaborando co libro Titanes contra la Pobreza

A Deputación de Lugo acolleu este marte a presentación do libro Titanes contra la pobreza, no que o autor, Jose De Cora conmemora os 50 anos de Cáritas Diocesana en Lugo, do autor José de Cora. Esta publicación conta cunha achega provincial de 6.000 para financiar parte dos custos de edición. No acto participaron a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especiais de Contas da Deputación, Pilar García Porto; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López; o Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco; o Director de Cáritas Diocesana, Ginés Plaza; a Secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella e o escritor do libro, José de Cora.

José De Cora explicou que “a obra é como un álbum de fotografías no que se rende homeaxe a todos os implicados nos 50 anos de historia de Cáritas na provincia; e no que se pode apreciar a grandisima evolución no seo da propia organización durante todos estes anos”

A Deputada destacou “a importante labor social que xoga Cáritas na sociedade lucense, a través de programas como Vivir na Casa que conta xa con máis de 30 anos de historia e co que colabora a Deputación cunha achega de 18.000 euros. Con ela, ducias de veciños da provincia de Lugo reciben unha atención personalizada diaria no coidado a persoas maiores así como tarefas de axuda no fogar”.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, subliñou que a obra de José de Cora pon en valor e supón un recoñecemento “á historia e ó incansable traballo de Cáritas para axudar ás persoas que máis o necesitan”, así como a súa “loita contra as desigualdades”.

Méndez destacou a “gran cantidade de persoas que mobiliza nos seus servizos e actividades” esta organización, “que foi e segue sendo ademais precursora de programas que atenden moitas necesidades sociais que as administracións non soubemos ver e que despois contribuímos a impulsar grazas ao seu labor”.  

A rexedora gabou o traballo de De Cora por recompilar en Titanes contra la Pobreza os 50 anos de vida de Cáritas, unha obra que servirá “para visibilizar máis se cabe” o labor desta entidade.

O Director de Cáritassinalou a importancia desta obra para lembrar “a labor de tantos lucenses: voluntarios, socios, colaboradores e traballadores de Cáritas en apoio aos máis desfavorecidos da sociedade; todos eles foron e son parte fundamental da historia desta institución, así como de Lugo, e así se verá reflexado neste libro”

O Bispo de Lugo, quixo pór en valor a creación de Cáritas, un 4 de xuño de 1964, foi “a expresión da fé profunda do pobo de Lugo a Jesús Sacramentado presente no Altar Maior da catedral. Este libro fala da sencillez da nosa igrexa e de Cáritas que teñen acompañado a moitas persoas, atendido moitas necesidades e consolado moitos sufrimentos. Como Igrexa debemos estar no medio do mundo e que a nosa presenza faga posible o encontro, o diálogo e a esperanza, sin aceptar exclusións, divisións ou marxinancións”.

Pola súa banda, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, fixo un amplo percorrido polo libro, lembrando algúns dos fitos máis destacados da historia de Cáritas Diocesana de Lugo e o seu traballo desinteresado na loita contra a pobreza e a exclusión social.
 
Precisamente, a titular da Igualdade destacou o traballo que nos últimos anos están a desenvolver para axudar e atender ás mulleres que exercen a prostitución ou son vítimas de trata con fins de explotación sexual, un labor que é apoiado pola Xunta de Galicia e no que se teñen investido máis de dous millóns de euros nos últimos seis anos.”

Noticias relacionadas