Representantes municipais amosaron a súa repulsa por este crime, ao tempo que lembraron á muller de 42 anos morta onte na provincia de Lugo.
Xoves, 19 de decembro de 2024
Fonte:
Gabinete de Prensa

Varios concelleiros da Corporación Municipal participaron no minuto de silencio convocado ante a Subdelegación do Goberno, en repulsa por un novo caso de violencia machista que onte acabou coa vida dunha muller de 42 anos en Viveiro.
Unha vez que a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou este caso como un asasinato de violencia machista, xa son 46 as mulleres vítimas das súas parellas ou ex parellas no que vai de ano en España, e 36 os menores que quedan orfos e orfas.

