A concellería de educación comeza a entrega das axudas para a compra de material escolar

Destínanse un total de 40.000 euros para facilitar a adquisición de material escolar e a información pódese consultar no taboleiro de anuncios do concello ou no 010

Felipe Rivas sinalou que “as axudas contribuirán a garantir que moitas nenas e nenos teñan acceso ao material necesario”

Martes, 07 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou o comezo da entrega das axudas para a compra de material escolar. Destínanse un total de 40.000 euros para facilitar a adquisición de material escolar no segundo ciclo de Educación Infantil e a información pódese consultar no taboleiro de anuncios do concello ou no 010. As 400 persoas beneficiarias acadarán axudas por un máximo de 100€, cos que poderán adquirir material escolar nas librarias que acepten os cheques que se entregarán no concello.

O Concello recibiu unhas 700 solicitudes para estas axudas, que consisten nun vale desconto por un importe de 100 euros. Foron aprobadas de xeito provisional, 400. Após o prazo de 10 días naturais para alegacións, publicáronse as listas definitivas, e unha vez presentadas as certificacións, as persoas beneficiarias das axudas recibirán o seu vale canxeable por material educativo.

Audio

  • O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre as axudas para o material escolar | Descargar mp3

Noticias relacionadas