A inscrición abrirase o 16 de novembro e poderá realizarse nos centros de convivencia Maruja Mallo, Milagrosa ou Uxío Novoneyra, en horario das 10.00 ás 13.00 horas.

O Goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores, que lidera Olga López, oferta unha nova viaxe cultural enmarcada na Programación de Animación Sociocultural, neste caso a Monforte de Lemos.
Así o deu a coñecer Olga López, quen anunciou que esta excursión municipal terá lugar o venres 25 de novembro e fará parada no Museo do Ferrocarril e posteriormente na vila de Monforte de Lemos. A proposta está pensada como actividade recreativa para a socialización das persoas maiores, pero está aberta a toda a veciñanza. Nesta liña, a Concelleira aproveitou tamén para informar que se están programando outras dúas viaxes, unha no mes de decembro e outra en xaneiro a distintos puntos de Galicia, e das que se irá informando nos vindeiros días.
As e os interesados nesta viaxe poderán apuntarse a partir do 16 de novembro nos centros de convivencia Maruja Mallo, Milagrosa ou Uxío Novoneyra, en horario das 10.00 ás 13.00 horas. As inscricións realizaranse por rigorosa orde ata o 22 de novembro ou ata cubrir as prazas, un total de 55. A excursión arrincará ás 09.30 horas dende a Praza de Bretaña, regresando ao mesmo punto sobre as 20.00 horas.
Para inscribirse, as persoas interesadas, tras comprobar que existen prazas libres, deberán aboar 4,12 euros a través do modelo de autoliquidación de taxas e prezos públicos 603 (http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=603). A entrada ao museo e a visita guiada por el correrá a cargo do Concello de Lugo e o xantar correrá a cargo das persoas participantes.
Esta excursión súmase á levada a cabo o mes pasado ao Carballiño e ás do verán que visitaron Noia e a Illa de Arousa.
Audio
- A concelleira de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores, Olga López, sobre a saída cultural a Monforte de Lemos | Descargar mp3
Máis info
- Saída cultural "Monforte de Lemos" | Descargar pdf