- Tema
Mércores, 22 de decembro de 2010
Fonte:
Gabinete de Prensa
As Concelleiras de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, tomaron parte na xornada que organizou este martes o Concello organiza, a través do Centro de información Europe Direct, na que participaron distintas asociacións que traballan en Lugo no campo da discapacidade e a diversidade como peche do Ano Europeo de loita contra a pobreza e a exclusión social.
A xornada celebrouse baixo o lema “O Nadal e os valores europeos” e tivo lugar na sala multiusos do centro de información europea Europe Direct-Lugo.
A xornada consistiu en varios obradoiros de pintura e manualidades, xogos, un contacontos, actuacións e panxoliñas, entre outras actividades.