Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As Concelleiras de Emprego e Benestar Social participaron na xornada adicada á discapacidade que celebrou o Centro de información Europe Direct-Lugo

As Concelleiras de Emprego e Benestar Social participaron na xornada adicada á discapacidade que celebrou o Centro de información Europe Direct-Lugo

  • Tema
    • Economía
Mércores, 22 de decembro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As Concelleiras de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, tomaron parte na xornada que organizou este martes o Concello organiza, a través do Centro de información Europe Direct, na que participaron distintas asociacións que traballan en Lugo no campo da discapacidade e a diversidade como peche do Ano Europeo de loita contra a pobreza e a exclusión social.

A xornada celebrouse baixo o lema “O Nadal e os valores europeos” e tivo lugar na sala multiusos do centro de información europea Europe Direct-Lugo.

A xornada consistiu en varios obradoiros de pintura e manualidades, xogos, un contacontos, actuacións e panxoliñas, entre outras actividades.

www.lugo.es/europedirect [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleiras-de-emprego-e-benestar-social-participaron-na-xornada-adicada-discapacidade-que

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/europedirect