A Concellaría delegada de Benestar, Inclusión e Terceira Idade presenta a programación de animación sociocultural da cal se beneficiarán máis de 2.200 lucences

Olga López “A programación de animación sociocultural recolle 129 actividades diferentes dirixidas a cativos e adultos, que se desenvolverán dende o 4 de novembro de 2019 ao 29 de maio de 2020”

A presentación de solicitudes nalgunha destas actividades poderá realizarse do 16 ó 20 de setembro

Xoves, 05 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concellaría delegada de Benestar, Inclusión e Terceira Idade presenta a programación de animación sociocultural da cal se beneficiarán máis de 2.200 lucences

A Concellaría delegada de Benestar, Inclusión e Terceira idade que dirixe Olga López, presentou este xoves na Aula de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo, un completo e diverso programa de actividades socioculturais nos centros de convivencia municipais dirixidas a todas aquelas persoas que están empadroadas en Lugo.

A edil explicou que a concellería que dirixe “ten como obxectivo procurar o benestar social dos veciños e veciñas do concello de Lugo de todas as franxas de idade a tamén sen importar onde vivan, ben sexa rural ou núcleo urban”

O programa de animación sociocultural conta cun total de 2.263 prazas para participar nas 129 actividades diferentes dirixidas a cativos e adultos, que se desenvolverán dende o 4 de novembro de 2019 ao 29 de maio de 2020, no cal se inclúen obradoiros e cursos de castelán para persoas estranxeiras e aulas abertas para adultos.

Entre as actividades incluídas nestes talleres podemos encontrar, decoración de obxectos con papel ou ‘decoupage’, encadernación artesanal e ‘scrapbooking’, encaixe de palillos cestería, bailes de salón, ximnasia, ioga, pintura ao óleo, zumba, cociña fácil e saudable entre moitos outros máis.

A presentación de solicitudes nalgunha destas actividades poderá realizarse do 16 ó 20 de setembro,  no centro de convivencia correspondente, agás no CC María Balteira e no da Milagrosa, que se farán no centro de Lamas de Prado.

O sorteo de prazas terá lugar o 2 de outubro, ás 10:00 horas. Posteriormente, publicarase a lista de admitidos e admitidas e abrirase o período de pagamento da cota, dende o 3 ao 14 de outubro.  A publicación das listas definitivas terá lugar o o 22 de outubro

A concelleira, Olga López agradece “A acollida e participación que ano tras ano reciben estas actividades, que impulsamos co fin de mellorar a calidade de vida dos e das lucenses, poñendo ademais á vosa disposición os espazos públicos municipais como os centros de convivencia da cidade e os centros de dinamización do rural”.

Máis info

Audio

  • A Concellaría delegada de Benestar, Inclusión e Terceira, Olga López, sobre o programa de actividades socioculturais | Descargar mp3

Noticias relacionadas