O único co que conta é o adquirido con recursos propios e o doado por empresas do municipio e incluso particulares, aos que a alcaldesa agradece a implicación
Os equipos repártense entre os servizos que máis o necesitan, especialmente os vinculados coa área de Benestar e as forzas de seguridade

Olga López, concelleira de Servizos Sociais, recibiu onte unha partida de material de protección para os empregados públicos do seu servizo, que se suma ao resto que foi adquirindo o Concello de Lugo desde o inicio de esta crise. Desde o Goberno local lamentan a demora á hora de recibir os equipos, pero é unha situación crítica e complicada porque o mercado está saturado e a distribución é complicada.
Ata o día de hoxe, o único material que utilizou o concello foi o que comprou con recursos propios e o que foi doado tanto por diferentes empresas do municipio, entre elas varias farmacias, como por particulares, aos que a alcaldesa Lara Méndez lles fixo chegar o agradecemento do Goberno local en nome de toda a cidadanía pola súa xenerosidade e implicación.
O Concello de Lugo solicitou xa hai varios día á Xunta de Galicia que lle envíe material, pero aínda está á espera.
Todos os equipos que chegan se reparten de maneira inmediata para a protección dos traballadores e usuarios dos servizos que máis o necesitan, como os vinculados coa área de Benestar e as forzas de seguridade.