Benestar Social mantén aberta a inscrición dos cursos Xestións dixitais para maiores e Trámites coa administración

Sábado, 30 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Benestar Social mantén aberta a inscrición dos cursos Xestións dixitais para maiores e Trámites coa administración

O goberno de Lara Méndez, a través da Concellería de Benestar Social, que dirixe Olga López, mantén aberto o prazo de inscrición para a terceira convocatoria dos cursos de Xestións  Dixitais para maiores de 65 anos e Trámites coa administración. Ambas as dúas actividades de formación informática enmárcanse entro da programación de Animación Sociocultural 2021/2022.

Estas cursos, nos que xa participaron entre a primeira e a segunda convocatoria máis de 80 persoas, desenvolveranse nos centros de convivencia de Fingoi, María Balteira e Maruja Mallo dende o 3 ao 31 de maio. As persoas interesadas aínda se poden inscribir chamando ao 982297492 ou acudindo ao centro de convivencia Uxío Novoneyra, entre as 09.00 e as 13.00 horas.

As sesións formativas deste taller de envellecemento activo serán intensivas, de luns a venres e dependendo do centro en quenda de mañá ou de tarde.

Noticias relacionadas