A Área de Xuventude presenta a nova programación co fin promover a mocidade activa no último trimestre do ano

Alternativas para mozos e mozas de 14 a 35 anos, que se desenvolverán dende o 2 de outubro ao 18 de decembro na Casa da Xuventude

O Concello de Lugo tamén ofrecerá aos mozos e mozas a posibilidade de realizar distintas rutas, unha vez ao mes

Luns, 23 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Área de Xuventude presenta a nova programación co fin promover a mocidade activa no último trimestre do ano

Ana Abelleira, concelleira de Xuventude presentou a nova programación para promover a mocidade activa no último trimestre do ano. Alternativas para mozos e mozas de 14 a 35 anos, que se desenvolverán dende o 2 de outubro ao 18 de decembro na Casa da Xuventude.

O Concello mantén as actividades de gran participación en edicións anteriores, como foi preparación do first, ioga, zumba, pilates, hipopresivos ou capoeira. As alternativas de cociña tamen volven teñen presencia nesta programación, desta volta facendo fincapé na cociña en distintas culturas: marroquí e asiática, e como vén sendo habitual, cociña de Nadal.

Recupérase o taller de horticultura  e poñénse en marcha un de costura creativa e outro de grafitti.  Un obradoiro de teatro, un taller de caracterización e outro de maquillaxe de efectos especiais, un rastrexo nocturno e unha viaxe á neve completan a programación para os últimos tres meses do ano.

As persoas interesadas poden inscribirse xa na Casa da Xuventude. O prazo de inscrición, ábrese no momento da presentación e que é diferente para cada actividade, pode consultarse en www.lugo.gal, no 010 ou na propia Casa da Xuventude.

O Concello de Lugo tamén ofrecerá aos mozos e mozas a posibilidade de realizar distintas rutas, unha vez ao mes. As andainas escollidas teñen un nivel medio de dificultade e a lonxitude das rutas varía dende os 12 aos 20 quilómetros. As inscripcións son ata 3 días ants de celebrarse as rutas.

Outro dos espazos escollidos para celebrar actividades para a mocidade activa é a Casa da Música, onde terá lugar un curso de técnicas de gravación. Será dende mediados de outubro a mediados de novembro, xoves e venres.

Audio

  • A concelleira de Xuventude, Ana Abelleira, sobre a nova programación para a mocidade | Descargar mp3

Multimedia

  • A Área de Xuventude presenta a nova programación co fin promover a mocidade activa no último trimestre do ano
  • A Área de Xuventude presenta a nova programación co fin promover a mocidade activa no último trimestre do ano

Noticias relacionadas