Rubén Arroxo destacou “a colaboración mantida coa asociación veciñal do barrio para coñecer de primeira man as necesidades das veciñas e veciños da zona”
O Tenente de Alcalde afirmou que “a atención ás necesidades dos distintos barrios da cidade é prioritaria para a área de Mobilidade e Infraestruturas"

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron o barrio de Paradai, onde nos últimos días se colocaron elementos para o calmado do tráfico nas rúas Río Sil e Alexandre Bóveda. Rubén Arroxo afirmou que “se trata de actuacións solicitadas pola veciñanza da contorna, a través da asociación veciñal”.
Arroxo avanzou que “estamos a preparar outra serie de intervencións na contorna, tamén necesarias e moi solicitadas pola veciñanza”. Segundo Rubén Arroxo, “desde a área de Mobilidade e Infraesturas realizamos, coas peticións realizadas pola veciñanza xunto coas visitas constantes aos distintos barrios da cidade, plans de atención para garantir a calidade de vida de toda a veciñanza de Lugo”.
Audio
- O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre as melloras do barrio de Paradai | Descargar mp3