A área de Medio Ambiente leva a cabo tarefas de limpeza e embelecemento da cidade

O edil, fixo un chamamento ao civismo e lembrou que o custo do vandalismo “pagámolo entre todos ".

A previsión para o día de mañá é a de continuar por Carril do Hospital, Carril do Son, Carril do Mercado, Quiroga Ballesteros  e Praza do Ferrol.

O Concello ten implantado un servizo gratuíto de ‘Limpeza de fachadas’ para a veciñanza dende o ano 2002. 

Luns, 02 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Medio Ambiente leva a cabo tarefas de limpeza e embelecemento da cidade

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo que dirixe Miguel Fernández, está a levar a cabo traballos de limpeza de grafitis, nas fachadas da cidade, "esta campaña esta incluída na programación anual de limpeza e embelecemento da cidade e ten unha especial importancia porque queremos que Lugo teña unha boa imaxe, e nestes momentos ademais é importante para ser un foco de atracción", afirmou o edil.

Nun primeiro momento realizouse unha inspección dos lugares valorando, entre outras cuestións, que tipo de construcción é a afectada e o material empregado no acto vandálico. Os traballos, que comezaron este luns deron comezo en Campo Castelo, continuando pola Praza Fernando de Casas Novoa, Clérigos, Rúa Falcón, Rúa Catedral, Rúa Progreso, Praza da Universidade, Rúa Miño e na Tineria. A previsión para o día de mañá é a de continuar por Carril do Hospital, Carril do Son, Carril do Mercado, Quiroga Ballesteros  e Praza do Ferrol.

Fernández pediu colaboración e lembrou que o custo do vandalismo “pagámolo entre todos, e é moi importante chamar á responsabilidade e que sexamos conscientes de que Lugo é a nosa cidade e debemos contribuír a coidar dela e non a estragala", finalizou.

Servizo gratuíto de ‘Limpeza de fachadas’:

O Concello ten implantado o servizo gratuíto de ‘Limpeza de fachadas’ dende o ano 2002. Para solicitar o servizo é necesario cubrir o impreso que figura na seguinte ligazón da páxina web do  concello: http://concellodelugo.gal/gl/tramites/limpeza-de-fachadas 

Debendo achegar a solicitude debidamente cumprimentada e a documentación acreditativa da propiedade ou representación da comunidade de propietarias e propietarios do edificio.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, sobre os grafitis | Descargar mp3

Multimedia

  • A área de Medio Ambiente leva a cabo tarefas de limpeza e embelecemento da cidade
  • A área de Medio Ambiente leva a cabo tarefas de limpeza e embelecemento da cidade
  • A área de Medio Ambiente leva a cabo tarefas de limpeza e embelecemento da cidade

Noticias relacionadas