A área de Medio Ambiente fai un balance positivo do servizo ‘linea Verde’

“Grazas á implantación deste servizo, os veciños dispoñen dunha canle directa de comunicación co Concello para informar sobre os danos localizados no municipio” informa o edil

Liña Verde tamén ofrece os seus servizos a través de contacto telefónico no número 902 193 768 en horario de 8.00 horas a 17.00 horas

Xoves, 13 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Medio Ambiente fai un balance positivo do servizo ‘linea Verde’

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo que dirixe Álvaro Santos, fai un balance positivo do funcionamento do Servizo Linea Verde, co que se fomenta o uso das novas tecnoloxías ao servizo das cidadáns. “Grazas á implantación deste servizo, os veciños dispoñen dunha canle directa de comunicación co Concello para informar sobre os danos localizados no municipio” informa o edil ao tempo que esplica que dito servizo favorece o uso das “boas prácticas” ambientais e en consecuencia, no desenvolvemento dun municipio sostible.

O servizo Liña Verde implantouse en Lugo no ano 2013.  Trátase dun canal de comunicación directo en temas medioambientais cos veciños e veciñas e empresas do Concello, ao que se poderá acceder dende a web municipal ou dende www.lineaverdelugo.com e consultar toda a información local sobre medio ambiente. Para poder acceder aos datos da web todos os usuarios deberán estar rexistrados e nese momento poderán plantexar calquera dúbida ou consulta medioambiental. Desta maneira, un equipo de expertos na materia, dará resposta nun prazo de 24 horas e esas peticións e manterá informado ao usuario da tramitación do mesmo.

O Concello de Lugo sente moi satisfeito dos resultados obtidos ata a data e agradece a importante participación cidadá que demostra a implicación e interese dos veciños polo seu municipio. Alvaro Santos destaca que “o tipo de incidencias que máis se comunicaron son aquelas que fan referencia a ‘Lixos’, seguido de ‘Parques e Xardíns’, ‘Limpeza’, ‘Rede de sumidoiros” e ‘Recollida de Enseres”. 

Para comunicar unha incidencia:

Basta con picar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un despregable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla.  O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado. A partir deste intre, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O cidadán  á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.

A través de Liña Verde, ademais de comunicar unha incidencia ou expor unha consulta, o usuario dispón dun amplo contido de consulta ambiental ( guía de boas prácticas, consellos, información propia do municipio etc…) e tamén pode expor calquera dúbida ambiental e nun prazo máximo de 24 horas terá resposta por parte dun equipo de expertos na materia de forma completamente gratuíta.

Noticias relacionadas