A área de Infraestruturas reforza os buses ao cemiterio o 1 de novembro

Dous autobuses comunicarán o cemiterio co centro cunha frecuencia de 20 minutos

Venres, 25 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Infraestruturas reforza os buses ao cemiterio o 1 de novembro

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou no día de hoxe o reforzo nas liñas de bus urbano que comunicarán o centro co cemiterio municipal o vindeiro 1 de novembro.

A liña entre o centro da cidade e o cemiterio terá unha frecuencia de 20 minutos, saíndo entre as 9:30 e as 19 horas da Ronda da Muralla, fronte ao edificio de sindicatos. Continuará pola Ronda da Muralla, rúa Santiago, e Volta da Viña, chegando ao cemiterio tras pasar pola Estrada Vella de Santiago.

Os buses de volta, terán a mesma frecuencia de 20 minutos. A primeira liña sairá do Cemiterio, continuando pola Estrada Vella de Santiago, rúa Santiago e rematará fronte ao edificio de sindicatos na Ronda da Muralla.

Audio

  • Rubén Arroxo, sobre o reforzo de buses ao cemiterio o día 1 de novembro | Descargar mp3

Noticias relacionadas