A actuación forma parte do convenio marco entre Amtega e Fegamp para a mellora das comunicacións móviles. A nova torre dará servizo a unha ampla zona rural do oeste do muncipio.
“Esta actuación responde a unha demanda histórica da veciñanza e supón un paso fundamental para garantir servizos de calidade no rural”, subliñou Abelleira.

A área de Cohesión Territorial remata os traballos necesarios para para o izado da antena de telefonía móbil de Esta mañá, a concelleira Ana González Abelleira supervisou o remate dos traballos necesarios para o izado desta torre de telefonía móbil que dará servizo a zona oeste do municipio desde a parroquia de Gondar.
“Garantir unha conectividade axeitada é esencial para fixar poboación e facilitar a actividade económica nas parroquias”, afirmou Abelleira, quen destacou que a actuación beneficiará preto de 20 parroquias e núcleos de poboación. Estas infraestruturas permitirán resolver problemas de cobertura que afectan tanto ás vivendas como ás explotacións gandeiras e agrícolas da contorna.
A edil recordou que “o Concello cedeu os terreos a custo cero e cobre o exceso de financiamento das acometidas eléctricas para que o servizo poida prestarse con todas as garantías”. A actuación forma parte do convenio marco entre Amtega e Fegamp para a mellora das comunicacións móbiles no rural galego, no que Lugo segue avanzando para asegurar a igualdade de acceso aos servizos dixitais.


