A Alcaldesa reabre os parques infantís de Aviador Parga Cerezo e Roi Xordo tras unha profunda remodelación con melloras para os cativos

En ambos os dous casos, ampliáronse os espazos para os nenos, mellorouse a súa estética e incluíronse novos xogos para atender a alta demanda das e dos usuarios.

 
Luns, 03 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa reabre os parques infantís de Aviador Parga Cerezo e Roi Xordo tras unha profunda remodelación con melloras para os cativos

O parque infantil da rúa Aviador Parga Cerezo, preto do CEIP Rosalía de Castro, e o sito en Roi Xordo, fronte ao CEIP Illa Verde, volven estar a disposición dos máis pequenos unha vez que finalizaron as obras de remodelación de ambos os dous espazos, nos que se investiron preto de 100.000 euros.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Medio Ambiente, visitaron estes espazos recentemente renovados e que se enmarcan no Plan de Mellora dos Parques infantís co fin de ampliar e renovar as zonas de lecer pensadas para os máis pequenos.

Parque infantil de Roi Xordo

Sobre o parque de Roi Xordo, a rexedora explicou “que se ampliou de 87 m2 a 147m2. para atender a gran demanda xa que é moi frecuentado polos nenos e nenas do colexio e do barrio de Fingoi, e as súas dimensións actuais resultaban reducidas para a cantidade de usuarios que acolle habitualmente”.

O executivo municipal destinou 48.339 euros a acometer estes traballos, que incluíron a ampliación da área de xogos e a incorporación do beirrarúas perimetral que rodea o parque dentro do recinto de xogos; a renovación completa do chan, con instalación de pavimento de caucho de cores; a reparación e adaptación dos xogos existentes (lixado, pintado, barnizado e reposición de pezas deterioradas), así como a súa reubicación na nova superficie, xunto coa instalación de dous novos xogos para completar o espazo que se amplía.

En concreto, instalouse un multixogo con torre –con tobogán, rede de escalada, paneis lúdicos e mostradores, balcón e escaleira– e un balancín con temática de vehículos, con capacidade para 4 nenos/as.

Parque infantil da rúa Aviador Parga Cerezo

No parque Aviador Parga Cerezo investíronse preto de 50.000 euros para acadar unha mellora estética xeral do recinto e a súa ampliación, nunhas dimensións de 4,00x10,5 metros.

A actuación incluíu a substitución do pavimento de caucho con xogos de cores, a renovación dos actuais xogos e a instalación dunha nova torre multixogo con dous tobogáns.

 

Noticias relacionadas