O parque Rosalía de Castro amenceu cheo de suciedade e con pintadas no aseo autolimpiable
- Tema

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu orde á Policía Local de intensificar a vixianza no parque Rosalía de Castro despois de que hoxe amancese cheo de suciedade tras o botellón e con pintadas no aseo autolimpiable.
O concelleiro de Medio Ambiente, Alvaro Santos, mandou que se procedese a súa limpeza. Ademais, foi necesario pór en marcha un dispositivo especial de limpeza en determinadas no centro da cidade tras o inicio do curso universitario.
Tanto a alcaldesa como o concelleiro mandaron un mensaxe instando ao civismo dos mozos e mozas, “xa que é perfectamente compatible a diversión co civismo e o respecto á cidade, ao mobiliario urbano, aos espazos públicos e as e os lucenses”.