Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa Lara Méndez pídelle aos mozos e mozas que se “divirtan respectando os espazos públicos”

A alcaldesa Lara Méndez pídelle aos mozos e mozas que se “divirtan respectando os espazos públicos”

O parque Rosalía de Castro amenceu cheo de suciedade e con pintadas no aseo autolimpiable

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Residuos
Venres, 13 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa Lara Méndez pídelle aos mozos e mozas que se “divirtan respectando os espazos públicos”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu orde á Policía Local de intensificar a vixianza no parque Rosalía de Castro despois de que hoxe amancese cheo de suciedade tras o botellón e con pintadas no aseo autolimpiable.

O concelleiro de Medio Ambiente, Alvaro Santos, mandou que se procedese a súa limpeza. Ademais, foi necesario pór en marcha un dispositivo especial de limpeza en determinadas no centro da cidade tras o inicio do curso universitario.

Tanto a alcaldesa como o concelleiro mandaron un mensaxe instando ao civismo dos mozos e mozas, “xa que é perfectamente compatible a diversión co civismo e o respecto á cidade, ao mobiliario urbano, aos espazos públicos e as e os lucenses”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-lara-mendez-pidelle-aos-mozos-e-mozas-que-se-divirtan-respectando-os-espazos