A alcaldesa de Lugo recibe aos novos xefes de servizo das áreas de Medio Ambiente e Persoal do Concello que hoxe tomaron posesión

Mércores, 17 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo recibe aos novos xefes de servizo das áreas de Medio Ambiente e Persoal do Concello que hoxe tomaron posesión

A alcaldesa, Lara Méndez, e a edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, recibiron esta mañá aos novos xefes de servizo das áreas de Persoal e Medio Ambiente do Concello de Lugo, que hoxe tomaron posesión dos seus cargos.

“Contamos dende hoxe, pois, con dous efectivos máis, cos que pretendemos fornecer a organización interna da Administración, mellorando o seu funcionamento xa que a incorporación de máis empregados posibilita, por unha banda, dimensionar correctamente dous departamentos nos que existe unha elevada carga de traballo e, pola outra, axilizar a tramitación dos procedementos que xestionan incrementando a eficacia das prestacións á cidadanía”, sinalou a rexedora que aproveitou o acto, ademais para darlles a benvida e “desexarlles moita sorte e moito acerto” na andaina que agoran inician.

O novo Xefe de Servizo de Medio Ambiente é Julio Torre Rodríguez. Titulado co grao de Enxeñería Forestal, exercía ata a data como funcionario de carreira na Escala de Técnicos Superiores especializados en OO.PP de Investigación no Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT).

Por la súa banda, o Xefe de Servizo de Persoal é Juan Cocho Sahagún, licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid en 1996. Técnico Superior en Xestión Catastral, ocupaba, dende outubro de 2018, o cargo de Subdirector Provincial de Prestacións de Invalidez Permente no Ministerio de Inclusión, Servizos Sociais e Migracións.

Aos procedementos nos que resultaron elixidos, se presentaron, respectivamente, 6 (Medio Ambiente) e 2 (Persoal) candidato/as, Foron seleccionados logo de que, mediante criterios técnicos establecidos pola Intervención Municipal, se constatara e acreditara a súa idoneidade para o posto en relación aos requisitos esixidos para o desempeño do mesmo para o que foron valorados tanto os currículum vitae de todas as persoas solicitantes, como a titulación académica, anos de servizo, postos de traballo desempeñados na Administración, estudos e cursos realizados así como outros méritos

Multimedia

  • A alcaldesa de Lugo recibe aos novos xefes de servizo das áreas de Medio Ambiente e Persoal do Concello que hoxe tomaron posesión
  • A alcaldesa de Lugo recibe aos novos xefes de servizo das áreas de Medio Ambiente e Persoal do Concello que hoxe tomaron posesión
  • A alcaldesa de Lugo recibe aos novos xefes de servizo das áreas de Medio Ambiente e Persoal do Concello que hoxe tomaron posesión

Noticias relacionadas