A alcaldesa coñece de preto o servizo de Xantar no Fogar, que asiste a máis de cen lucenses vulnerables

Paula Alvarellos, xunto á edil de Benestar Social, visitou en A Coruña a empresa que elabora os menús dun contrato ao que o Concello destina máis de 474.300 euros en dous anos.

Se incrementou a frecuencia de repartición semanal; subministra 1.000 comidas adicionais ao ano; e un mínimo de 41.460 menús fronte aos 41.292 do pasado ano, primando a variedade, a calidade e a adaptación ás dietas e pautas médicas dos usuarios.

A alcaldesa destaca o “esforzo económico do Goberno local dende o 2020 para facer fronte a un orzamento que subiu nun 140%, logo do crecemento da demanda deste servizo que trouxo consigo a crise sanitaria e posteriormente a económica”.

Martes, 23 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa coñece de preto o servizo de Xantar no Fogar, que asiste a máis de cen lucenses vulnerables

Coñecer de preto o funcionamento da empresa encargada do servizo de Xantar no Fogar foi o obxectivo da visita realizada esta mañá pola alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, á empresa Jardanay, situada mo polígono industrial da Grela, e que desde este ano se ocupa de prestar esta asistencia a máis de cen persoas vulnerables no municipio de Lugo. Cun orzamento de 474.300 euros para os vindeiros dous exercicio, o Concello incrementou a contía deste servizo nun 22,5% respecto ao ano pasado, incorporando varias melloras como a frecuencia de repartición semanal, de dúas a tres veces á semana; o subministro de 1.000 comidas adicionais, ata 41.460 menús ao ano como mínimo, primando a variedade, a calidade e a adaptación ás dietas.

 Paula Alvarellos, que estivo acompañada da edil de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde, coñeceu de preto a elaboración dos menús, que este ano aumentaron ata ofrecer un mínimo de 41.460 comidas polas 41.296 do pasado exercicio, e no que priman a variedade dos pratos, a calidade dos produtos empregados e a adaptación ás pautas médicas das persoas ás que se presta esta atención. “Para aportar todas estas melloras, -sinalou a alcaldesa-, o Concello de Lugo aumentou o orzamento nun 140% desde 2020, xa que ano a ano se produciu unha maior demanda, primeiro pola pandemia e posteriormente pola crise económica”.

O incremento dos prezos da lista da compra levou ao Concello de Lugo a esa nova contratación a primeiros de ano dun servizo que presta asistencia a persoas vulnerables, principalmente maiores que viven sós, ou a aquelas que por diferentes motivos físicos, económicos ou sociais precisan desta atención. O novo contrato adxudicado para os próximos dous anos, tamén trouxo consigo outras melloras, ademais das que afectan á repartición  semanal e ás mil comidas adicionais ao ano, como son a rotación dos menús a seis semanas, a cesión de pequenas neveiras nos domicilios, en casos de emerxencia social, e a subministración dun litro de leite e outro de zumo á semana.

Para a alcaldesa o máis importante é que este servizo “permítenos mellorar a alimentación das persoas maiores e a súa calidade de vida ao tempo que acadamos que se desenvolvan con autonomía e poidan permanecer nos seus fogares”.

A empresa concesionaria prepara cada mañá os pratos, respectando as indicacións sanitarias que recolle o seu historial clínico, manténdose sempre un estrito control sobre a elaboración e a calidade dos ingredientes que deben combinarse dun xeito saudable respectando as pautas médicas que figuran no expediente de cada beneficiario. O perfil maioritario dos usuarios son, en torno ao 60%, mulleres maiores que viven soas, aínda que no municipio hai unhas 5.000 persoas nesta situación e sobre as que, dende a área de Benestar Social do Concello de Lugo, se realiza un seguimento continuado. Para optar a esta atención hai que estar empadroado en Lugo; ser usuario do servizo municipal de Axuda no Fogar, que complementa ao de xantar, e ser dependente para algunha das actividades básicas da vida diaria que impida a realización das actividades que supoñen a preparación de comidas.

Así, a nova concesionaria elabora os pratos con cociña en frío e envasada con modificación da atmósfera, o que conserva máis tempo os alimentos, as súas propiedades e os seus nutrientes.  Neste sentido, Olga López Racamonde sinala que “o Concello pon a disposición das e dos usuarios a súa manutención, cunha dieta equilibrada e acorde ao seu estado de saúde, ademais doutros recursos como a axuda para a realización das tarefas domésticas, a dinamización sociocultural específica e mesmo o acompañamento telefónico para evitar a súa exclusión ou illamento social”.

Multimedia

  • A alcaldesa coñece de preto o servizo de Xantar no Fogar, que asiste a máis de cen lucenses vulnerables
  • A alcaldesa coñece de preto o servizo de Xantar no Fogar, que asiste a máis de cen lucenses vulnerables

Noticias relacionadas