A Alcaldesa asistiu ao acto do Día da Muller Traballadora, organizado pola UXT

Mércores, 08 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa asistiu ao acto do Día da Muller Traballadora, organizado pola UXT

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este mércores no acto de conmemoración do Día da Muller Traballadora, acto que tivo lugar no local do Sindicato UXT, na primeira planta da Casa Sindical.

Nesta conmemoración, a rexedora puido comprobar, de primeira man, a situación sociolaboral da muller en Galicia, onde a taxa de actividade e a temporalidade das traballadoras están á cola de todo o Estado Español.

Noticias relacionadas