110 rapaces participan no II Campus de Verán Álex Llorca, co apoio do Goberno do Concello e da Deputación de Lugo

O evento reúne dende o pasado luns a máis dun centenar de rapaces, que teñen a oportunidade de aprender e mellorar conceptos técnicos e tácticos da man de Álex Llorca e Mateo Rubio, entre outras personalidades destacadas do deporte da canastra

O Concelleiro e o Deputado recibiron no Vello Cárcere aos participantes que, xunto ao corpo técnico, percorreron as dependencias deste remodelado edificio municipal

Miguel Fernández felicitou aos organizadores do campus “pola aposta decidida polo deporte e a convivencia entre os rapaces e rapazas”. Do mesmo xeito, agradeceu a Álex Llorca “a súa estreita vinculación con Lugo”

Pablo Rivera subliñou que “renovamos a nosa aposta pola organización deste Campus debido ao éxito da primeira edición, e posto que consideramos que é fundamental promover este tipo de iniciativas que fomentan o deporte base”

Xoves, 13 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
110 rapaces participan no II Campus de Verán Álex Llorca, co apoio do Goberno do Concello e da Deputación de Lugo

O Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, recibiron este xoves no Auditorio do Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo aos participantes da segunda edición do Campus de Verán Álex Llorca. Son preto de 110 rapaces de entre 8 e 17 anos, que dende o pasado luns están a gozar dun amplo programa de actividades no Pazo Provincial e as piscinas municipais de Frigsa, co apoio do Goberno do Concello e da  Deputación de Lugo.

No acto, Fernández e Rivera, acompañados polo corpo técnico de dito campus, percorreron as dependencias deste remodelado edificio municipal. Seguidamente, o Concelleiro e o Deputado, xunto co director técnico do campus Mateo Rubio, o xogador Álex Llorca, e o responsable do campus, Rubén Engroba, dirixiron unhas palabras aos participantes.

Miguel Fernández felicitou aos organizadores do campus “pola aposta decidida polo deporte e a convivencia entre os rapaces e rapazas”. Do mesmo xeito agradeceu a Álex Llorca “a súa estreita vinculación con Lugo, que tras o seu paso polo Breogán, dúas tempadas atrás, segue mantendo os lazos coa nosa cidade, como o demostra a súa total implicación nesta actividade”.

Pola súa banda, Pablo Rivera subliñou que “renovamos a nosa aposta pola organización deste Campus debido ao éxito da primeira edición, e posto que consideramos fundamental promover este tipo de iniciativas, especialmente na época estival na que os rapaces dispoñen de máis tempo libre, coas que fomentar o deporte base e valores vinculados a este como o compañeirismo ou a superación persoal”.

Entre o corpo técnico do campus, ademais de Álex Llorca, un dos ídolos da afección celeste, atópanse destacadas personalidades do mundo da canastra como Mateo Rubio, ex seleccionador nacional e actual adestrador en Liga Eba e director deportivo do CB Sant Feliu.

Programación diaria

O campus, que xa comezou o día 10, rematará o 16 deste mes, e está dirixido a rapazas e rapaces nados entre os anos 2000 e o 2009, todos eles con un denominador común, o amor polo deporte da canastra. As actividades estanse a levar a cabo no Pazo Universitario e nas piscinas municipais das Pedreiras. Nesta segunda edición superáronse as previsións dos organizadores, posto que son máis de 100 os participantes, cunha programación diaria que contempla:

  • 09:30 horas.- Almorzo
  • 10:30 horas.- Adestramento técnico
  • 11:45 horas.- Snack
  • 12:15 horas.- Adestramento táctico, toma de decisións
  • 14:00 horas.- Comida
  • 16:00 horas.- Adestramento Táctico aplicado a situacións de xogo
  • 17:30 horas.- Merenda
  • 18:00 horas.- Competicións
  • 20:30 horas.- Cea
  • 22:00 horas.- Tecnificación/vídeo/charlas formativas/actividade tempo libre
  • 23:30 horas.- Descanso

Noticias relacionadas